“O Sandy fixo estragos, todos os santiagueiros recoñecen agora a cidade fermosa que tiñan”

Logo dunha longa viaxe Vigo-Madrid, Madrid-La Habana, La Habana- Santiago de Cuba, chego por fin ao meu sitio de destino, Santiago.

No aeroporto, esperábame Marta Calderón, a miña anfitrioa e coidadora durante a miña estadía na cidade, e lévame cara o que será o meu aloxamento durante todo o mes. Unha das cousas que me dixo durante o traxecto con mágoa foi: “A cidade que ti vas a coñecer, non é a mesma que coñeceron outros, o Sandy fixo estragos. Todos os santiagueiros recoñecen agora a cidade fermosa que tiñan”.

cuba1_barrio

A miña impresión dende o primeiro momento foi que, a pesar das árbores e das cubertas caídas, e do estado en que se atopaba todo, pareceume unha cidade realmente fermosa.

cuba2_barrio

O meu aloxamento sitúase nun barrio que se chama Vista Alegre, que debeu pertencer á clase podente da época. Abundan vivendas unifamiliares de grandes dimensións da época da república, con soportal e xardín semiprivado dianteiro, e xardín privado traseiro. A maioría das vivendas son hoxe utilizadas como hostais, servizos de restauración, equipamentos públicos, etc. Unha delas é o meu hostal, que era una antiga casa de pilotos. Chámase Hostal La Confronta e está rexentado por Ernesto. A estrada central do barrio, a Avenida Mandulei, debeu contar con árbores de grandes dimensións, pero a maioría caeron co furacán.

cuba3_hostal

O meu lugar de traballo, áchase no centro do casco histórico. A Oficina do Conservador está nun edificio de tipoloxía colonial cun grande patio interior. En cada un dos proxectos teño un equipo de traballo, pero na miña oficina estarei fundamentalmente con Marta, con Pilar e con Ester.

cuba4_oficina

Leave a comment