A cidade rexorde tras o furacán

O resto da semana continuamos coa visita ás vivendas do entorno dos Maceo. Un pouco o mesmo que describía o outro día. Moitas vivendas que foron recuperadas estaban danadas polo acontecido no ciclón, sobre todo no tocante ás cubertas. Existen casos graves que perderon a cuberta ou vivenda por completo. Outros casos con máis fortuna, sobre todo os que tiñan a cuberta de tella, salvárona, aínda que con desperfectos que afectaban ata o falso teito.

O xoves pola tarde visitei una exposición de fotografía na Maqueta da Cidade. A exposición reflectía os danos nos momentos máis inmediatos despois do ciclón. Practicamente todas as fotos as tomou un xornalista que saíu á rúa momentos despois do desastre. Paralelamente, amosábanse fotos das mesmas imaxes logo da súa reconstrución. Esta exposición tivo moita transcendencia entre a cidadanía, pois realmente a situación foi moi dramática. Cóntanme que se declarou estado de guerra na cidade para evitar que se subisen os prezos. A exposición, aínda que amosa feitos terribles, amosa tamén o principio da recuperación e supón un impulso para seguir, porque despois de menos de catro meses xa había bastante avanzado.

Os datos do Sandy:

  • Data: 25 outubro, 12:30 am.
  • Furacán categoría III
  • Ventos máximos: 185 km/h con rachas de 200 Km/h
  • Velocidade de translación: 33Km/h
  • Ondas de ata 9 m de altura en Siboney, Aguadores e Cayo Granma.

Afectacións:

  • 9 persoas falecidas.
  • 330.000 persoas evacuadas.
  • 171.000 vivendas afectadas (15.000 de forma total).
  • 42.700 ha de bosque afectado (740.000 m3 de recursos madeirables do solo).
  • 273 centros educativos danados (6 de forma total).
  • 249 instalacións culturais danadas.
  • 41.000 teléfonos interrompidos e 1.200 postes derrubados.
  • Sistema eléctrico afectado ao 100%, 7 torres e 2 liñas de transmisión de 220.00 voltios que enlazaban a cidade co sistema nacional destruídas.
  • 120 panaderías e varias unidades de produción de alimentos sen teito.

E como as imaxes valen máis que mil palabras, deixo unas cantas:

cuba18_sandy

cuba19_sandy

cuba20_sandy

cuba21_sandy

cuba22_sandy

cuba23_sandy

cuba24_sandy

Leave a comment