A habitabilidade mellora con novas cociñas, baños e cubertas

O luns empezamos una visita polo terreo, para ver o estado das obras executadas no proxecto de mellora de habitabilidade nos Maceo. A maior parte do proxecto está terminado, e moitas vivendas do conxunto histórico viron melloradas as súas condicións de habitabilidade simplemente coa mellora das instalacións e a substitución da cociña e do baño.

cuba5_cocina

Co tema da cuberta, acontece outra cousa. Aínda que a maior parte dos edificios xa a tiñan colocada, o furacán levouse a maioría. Sobre todo aquelas cubertas metálicas. A cuberta tradicional das vivendas realizábase en tella crioula (tella curva) ou en tella francesa (tella plana). Moitas das cubertas tradicionais cerámicas substituíronse por cubertas metálicas por dous motivos principalmente. Un, porque resulta máis económico e dous, porque resulta moito máis sinxela a súa execución, tendo en conta que quen vai executar a obra son os propios usuarios das vivendas.

cuba6_bano

Durante a visita, puidemos comprobar a execución de moitas instalacións de cocina e baño en varias vivendas. Tamén detectamos serios problemas estruturais nalgunhas delas. Dende problemas na estrutura da cuberta por deficiencias nos apoios, a estruturas a punto de entrar en colapso, cuxa situación se viu agravada tras o paso do Sandy.

cuba7_deficiencias

Leave a comment